top of page

A RAZA

Dende mediados do século pasado o porco celta atópase en risco de extinción. Os últimos integrantes da raza, xunto cos seus criadores e da man desta asociación dende o seu nacemento, chegaron a volver a fortalecer a súa descendencia, a cal, paseniño, vaise labrando máis e máis. 

Fogar do Selmo

Manuel Pérez oferta coidados e atención á piara de porcos de celta que compoñen unha parte vital da atmosfera de Fogar do Selmo. Separados por tamaños, idades e xéneros, conxuntos de quinos móvense dun lado a outro polas leiras que acompañan á estrada do camiño ó hotel-restaurante.

 

Unha das máximas na práctica laboral de Manuel é a seguinte: “Criar para consumir, non para vender”. Todos os porcos que habitan o lugar son para enriquecer ó mesmo. Da casa e para a casa. 

Asoporcel

Dende un nivel xa de organizacións atópase ASOPORCEL. A Asociación de Criadores de Ganado de Porcino Celta naceu o 19 de xaneiro de 1999 co mesmo obxectivo que segue mantendo: “a recuperación e conservación do patrimonio xenético da raza porcina Celta, co fin de darlle o lugar que lle corresponde como patrimonio xenético e cultural de Galicia, e de legado a xeracións futuras”, como contan na súa páxina web.

​

 

Baixo o seu nome atópanse os nomes dos coidadores de porco celta que se estenden polo territorio galego -entre os que se atopa Manuel Pérez- creando un fío de familiaridade entre os pertencentes á raza. A maiores de crear este vínculo, dende a asociación promóvense cursos formativos específicos sobre o coidado desta raza -xa case esquecida- e manteñen a súa promoción e divulgación en diversas reunións científicas e culturais. 

 

​

Manteñen unha actividade constante e persistente que vai chegar xa ós 21 anos, pola cal recibiron recentemente un galardón que se lles outorga polo seu activismo a prol da raza porco celta: XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

bottom of page