top of page

HABITACIÓNS

Os receptores en Fogar do Selmo. 

​

Os cuartos desta vivenda están cheos de recordos e soños. Dende sempre foi o lar do Selmo, e xeración tras xeración tense mantido esta herdanza. O dono actual do hotel-restaurante, Manuel Pérez, trazou a súa empresa enriba da casa da súa infancia. Converteu os ambientes anteriormente compartidos co seus avós, pais e irmán nun novo fogar no que, xunto coa súa muller e fillos, abre as portas a todo aquel que se queira achegar. 

​

Nesta casa non só se respira fogar, tamén memoria, grazas ós receptores de radio que a ornamentan. O seu pai, Manuel Pérez, era coñecido polo seu traballo con estes aparellos e aí seguen, achegando a súa presenza. Máis que Fogar do Selmo, podería chamarse Fogar dos Selmos, alcume que recibe e compón a esta familia de Urdilde xa dende o tataravó de Manuel. 

​

Manuel fixo do son e da imaxe a súa profesión, e conseguiu ser moi recoñecido polo seu pobo. Montou miles de aparellos de radio e de televisión, e non satisfeito con iso, montou un cine en Urdilde

​

Aínda así, todo queda nunha minucia cando coñecemos a súa colección de aparellos de radio, exposta nos recunchos de Fogar do Selmo grazas ó seu fillo e algunhas doazóns desinteresadas, que erixen a figura de Manuel a unha lenda familiar

 

Por todos eses momentos especiais que non podía esquecer da súa infancia naquela casa, Manuel quixo comezar este proxecto: aqueles berces e cuartos nos que descansaban tantos como eran; os cortellos que lles ofrecían estar ó quente nas estacións frías; aqueles xantares familiares que alimentan tamén o alma.

​

Santa María de Urdilde é unha pequena parroquia situada ó norte do municipio de Rois na que reina o verde e a veciñanza. Isto, mais que supoñer un problema, engade valor por manter o vínculo coa herdanza da casa. A súa fórmula publicitaria co público consiste principalmente en anuncios, ben en formato rótulo ou ocupando espazos en xornais. Transmiten estas o encanto propio do hotel restaurante? O suficiente para reunir clientes todas as fines de semana.​

 

Como non podía ver caer daquel xeito a casa dos seus avós, rehabilitou esta vivenda e abriu as súas portas para que outros agora a poidan chamar fogar: o Fogar do Selmo. Estas paredes non só acollen unha casa rural amañada cun gusto polo enxebre, tamén motivaron o xurdimento dun restaurante do noso para o noso. Un fogar de historia, de sentimento e de estómago.

bottom of page