Dous dos puntos xeográficos galegos de referencia na raza porcina celta son Friol e Vilalba. En Friol está o fogar de Pantalones, sobre o cal poñen o ollo Antonio pai e Antonio fillo. Sobre as terras de Vilalba camiñan os pezuños de Cesáreo á par que os de Saúl, o seu coidador.
Cesáreo, o supervivente
Pantalones, o campión
Algunha vez escoitaches sobre o indulto en animais? A figura de Cesáreo é unha clara referencia a este. Grazas á acción do seu coidador actual, Saúl, este porco celta puido continuar movendo as súas grandes orellas de arriba abaixo durante moito tempo máis.
Que isto fose posible tamén permitiu, en certa medida, que esta raza en risco de extinción se chegase a repoboar pouco a pouco. Un porco de renome cuxa presencia non se queda atrás.
Vilalba é o seu fogar, o cal comparte con porcos celtas de todos os tamaños e especies e con cans gardiáns do benestar destes. Xuntos, mais con Saúl, dotan de sentido eses terreos que se compoñen de moito máis que de terra e herba: de vida.
Este porco celta de competición ten catro anos, pesa trescentos quilogramos e resulta un verdadeiro campión no que se refire á velocidade e ós circuítos. Este porco veloz xa ten varias vitorias no seu palmarés.
Iso non o fai menos dócil e simpático, porque Pantalones xa está ben acostumado a que a xente lle ande a roldar, de feito, gústalle. Este pequeno gran porco tamén ten que ver na repoboación da raza celta grazas ó seu indulto. Non se sabería dicir con facilidade cantos fillos terá este porco exemplar por aí perdidos.
Pasea a súa elegancia, porque como vedes sempre vai ben vestido, por Friol adiante. Ese é o lugar no que o seu dono Antonio ten a gandaría. É polo tanto, o seu fogar.
Describe your image